CulturaCulturaMúsicaÚltima hora

O grupo valdeorrés Son do Sil, no III Albur Festival de Alburquerque

Actuará na noite do venres 14 de xuño ás 22h. na praza Maior desta localidade pacense
Son do Sil durante un concerto./ Foto: Carlos G. Hervella.

Na fin de semana do 14 e 15 de xuño a praza maior da localidade de Alburqueque (Badaxoz) acollerá o III Albur Festival coa participación de catro grupos da Federación de Grupos Músico Vocais (FGMV), entre os que figura o valdeorrés Son do Sil.

Esta formación, que será a única galega deste evento, actuará o venres 14 de xuño a partires das 22h. (con entrada libre) e, despois dos valdeorreses, terá lugar o concerto de Tigaray (Realejos).

Xa o sábado 15 de xuño, tamén dende as dez da noite, subiranse ao escenario Son del Malecón (Murcia) e Furriones (Badaxoz).

Artigos relacionados

Back to top button