CulturaCulturaÚltima hora

O guión de Ignacio Vilar “Aura 1964”, publicado por Galaxia, presentarase en Valdeorras

Están previstos dous actos: un no Barco o 23 de decembro e outro en Petín o día 24

Publicidade
O cineasta Ignacio Vilar.

 

O Barco de Valdeorras e Petín acollerán nos vindeiros días a presentación de “Aura 1964” (Galaxia), o guión da próxima película do director valdeorrés Ignacio Vilar. Trátase dun proxecto apoiado polo Creative Europe Media (programa deseñado para o apoio do cinema europeo).

Deste xeito os lectores poderán ler o guión cinematográfico “antes de asistir á estrea da película. Unha novidade sen precedentes, xa que esta é a primeira vez que se publica, no Estado Español, antes o guión do filme que a estrea en cines”, segundo a Editorial Galaxia.

 

 

 

A primeira das presentacións terá lugar o xoves 23 de decembro ás 20 h, no terceiro andar do Edificio de Usos Múltiples do Concello do Barco. O autor do guión, Ignacio Vilar, estará acompañado de Laura Fernández, colaboradora no proxecto cinematográfico “Aura 1964”.

E xa o venres 24 de decembro terá lugar unha nova presentación ás 12 h, no Teleclub de Petín. Desta volta Vilar estará acompañado por Laura Fernández e tamén por Miguel Bautista, senador e ex-alcalde de Petín de Valdeorras.

A través dos ollos e vivencias dun neno, Siro, esta obra amosará como era o ambiente na España de 1964,  momento no que a sociedade se viu obrigada a subsistir. “Unha situación á que, a través da rebelión, o mozo e os seus amigos Cosme e Berto, despregarán a súa maxia adolescente vivindo momentos de iniciación e descubertas, nunha búsqueda constante da liberdade”, adiantan dende Galaxia.

 

Artigos relacionados

Back to top button