EconomíaEconomíaÚltima horaViticultura

O historiador Antonio Castro Voces lerá o pregón da I Festa da Vendima en Valdeorras

Neste acto, previsto para as 14h. do 5 de outubro en Vilamartín, fará unha intervención con certos toques reivindicativos e destacando o papel do viño nesta comarca

O historiador valdeorrés Antonio Castro Voces./ Foto: A.R.

 

Unha loa á fonda tradición da cultura do viño en Valdeorras non exenta de carácter reivindicativo. Así o será o pregón co que o historiador valdeorrés Antonio Castro Voces abrirá de xeito oficial a “I Festa da Vendima en Valdeorras” en Vilamartín o vindeiro sábado 5 de outubro ás 14h.

“O pregon vai ir encamiñado a resaltar a importancia da festa que se celebra, neste caso a da vendima, tendo en conta que os dous eixos económicos básicos de Valdeorras son a lousa e o viño”, comenta este investigador veciño de Quereño (Rubiá).

Pero ademais o seu discurso conterá unha parte reivindicativa, centrada principalmente en dúas cuestións. Por unha banda, “xa que falamos do mundo do viño, demandarei, unha vez máis, que se cree unha rama de enoloxía nalgún centro de ensino de secundaria da comarca, como xa teñen en Ribadavia (D.O. Ribeiro) e nalgunha outra denominación de orixe galega como é Rías Baixas”, adianta Castro Voces.

Ao mesmo tempo, insistirá na necesidade de que en Valdeorras se poña en marcha un museo relacionado co viño e “con todo o que se move ao seu redor. Creo que debe esta ser a única comarca de Galicia que non ten un triste museo. Ademais iso podería ser un complemento á economía rural e un sitio a visitar para as numerosas persoas que veñan ás festas gastronómicas, un lugar no que poder informarse sobre como era a cultura do viño en Valdeorras e como se elaboraba”, engade.

Artigos relacionados

Back to top button

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies.
Pinche el enlace para mayor información. También puede consultar aquí nuestra política de protección de datos

ACEPTAR
Aviso de cookies
Close