ConcellosFestas do Cristo O BarcoÚltima hora

O historiador barquense Ricardo Gurriarán abrirá as Festas do Cristo

Lerá o pregón nun acto previsto para as 21h. do 10 de setembro na praza Maior do Barco
O historiador barquense Ricardo Gurriarán./ Foto: Carlos G. Hervella.
O historiador barquense Ricardo Gurriarán./ Foto: Carlos G. Hervella.

A festa como fonte de vivencias, sensacións e lembranzas, pero tamén como fenómeno social en evolución. Neses dous aspectos centrará Ricardo Gurriarán Rodríguez (O Barco, 1953) a súa intervención no pregón das Festas do Cristo do 2015, un acto previsto para as nove da noite do 10 de setembro na praza Maior.

Ricardo Gurriarán é licenciado en Educación Física (INEF) pola Univesidade Politécnica de Madrid e foi profesor do IES A. Xelmírez I de Santiago dende 1977 ata a súa xubiliación. Ademais dotorouse en Historia Contemporánea na Universidade de Santiago de Compostela no 2004 co traballo “A investigación científica en Galicia (1900-1940): institucións, redes formativas e carreiras académicas. A ruptura da Guerra Civil”.

Artigos relacionados

Back to top button