Eleccións municipaisPolíticaÚltima hora

O historiador Félix García, candidato de Riada Cidadá no Barco

Definen a súa candidatura como “integradora” e din que intentarán dar resposta a todos os sectores sociais deste municipio valdeorrés
Candidatura que  Riada Cidadá presentará ás eleccións muncipais no Barco.
Candidatura que Riada Cidadá presentará ás eleccións muncipais no Barco.

Riada Cidadá facía pública na tarde do 22 de abril a lista coa que se prentará ás vindeiras eleccións municipais no Barco e que está liderada polo historiador Félix García Yáñez. Esta formación política destaca que “todos os compoñentes da candidatura foron elixidos de forma democrática entre todos os membros da Asemblea de Riada Cidadá e comprométense a cumprir o noso código ético e a defender o noso programa electoral, elaborado coas achegas de todos os integrantes da Asemblea”.

Tamén aseguran que con esta lista “integradora” intentarán “dar resposta ás necesidades dos distintos sectores sociais que conforman o Concello de O Barco”. E adiantan que o seu programa electoral estará baseado en tres eixos principais: “unha exhaustiva auditoría da situación financeira do Concello para conseguir unha mellor redistribución do orzamento municipal, orientado a fins sociais”, “a remunicipalización de todos os servizos públicos que estean xestionados por empresas privadas, comezando pola xestión do abastecemento do auga, así como a ORA e o lixo” e a “nosa prioridade é impulsar unha política activa de participación cidadá no goberno municipal, para que o papel dos veciños non se reduza ao mero exercicio do voto cada catro anos”.

Ademais de García Yáñez, a lista de Riada Cidadá está formada (do número 2 ao 17, respectivamente) por: Pedro Manuel González García, Marta Díaz Rodríguez, José Pâradelo Pombo, María Teresa Villar Rodríguez, Ángel Palacio Vaquero, José María Rodríguez Martínez, María del Rosario Álvarez Álvarez, Juan Miguel Olmo Serrando, María Emilia Pérez Teijeiro, José María Rubio Santano, María del Carmen Acuña Álvarez, Ramón Ríos Vázquez, Olga Espino López, María del Carmen Postigo Herranz, José Luis Arias Núñez, Aitor Insunza Núñez. A candidatura complétase con dous suplentes.

Artigos relacionados

Back to top button