CulturaCulturaSen categorizarÚltima hora

O historiador Miguel García-Fernández falará sobre a muller na Idade Media trivesa o 8-M

Esta conferencia terá lugar ás 20h. no Auditorio Julio Vázquez de Trives e enmárcase nos actos deste Concello con motivo do Día da Muller
O historiador Miguel García-Fernández./ Foto: Begoña García Fernández.

A Concellería de Cultura, Muller e Igualdade e o Centro de Información á Muller (CIM) da Pobra de Trives teñen preparado un completo programa de actividades para conmemorar o Día da Muller o vindeiro 8 de marzo.

Os actos comezarán coa Manifestación pola Igualdade que terá lugar ás 12 da mañá con saída desde a Praza do Concello. “É fundamental que loitemos por unha educación baseada na igualdade e a equidade. Esta educación debe non so partir desde casa ou do centro educativo, senón tamén que desde as demais institucións se tomen medidas para frear este tipo de desigualdades”, indican dende o Concello.

Logo pola tarde, o mesmo día 8, ás 20h. no Auditorio Julio Vázquez, o historiador e veciño de Guístolas (San Xoán de Río), Miguel García-Fernández impartirá unha conferencia interesante conferencia sobre “Señoras e campesiñas na Idade Media trivesa. Unha aproximación á nosa historia”. Trátase dun achegamento a mulleres loitadoras noutras épocas nas terras de Trives, “mulleres que se fixeron oír e valer nun tempo que era casi imposible e así poder tamén analizar os avances e o camiño andado poe estas comparando as distintas datas. Unha importante visión do pasado que nos remarcará a importancia da muller na sociedade desde todos os tempos”, indican dende o Concello trivés.

Ademais dentro do marco do Día da Muller, o domingo 10 de marzo ás 18h. no Auditorio Julio Vázquez terá lugar a representación teatral “Loló e mamá”. Esta peza desde o punto de vista educativo e da igualdade, “aborda, cun equipo artístico 100×100 feminino, dilemas da muller que conviven connosco días a día. As entradas poderán retirarse no auditorio desde media hora antes da función. Ten un aforo limitado e o prezo é de 3€”, matizan dende a organización.

Ao mesmo tempo, dende o 8 de marzo poderase visitar a Exposición Fotográfica “Mulleres de Trives nas súas distintas facetas” na Sala de Exposicións de Santa Leonor.

 

Artigos relacionados

Back to top button