SanidadeÚltima hora

O horario de hemodinámica no CHUO ampliarase a 24h. os 365 días do ano

Así o anunciaba o presidente da Xunta de Galicia na visita que realizaba esta mañá a este centro hospitalario

 

Durante unha reunión cos responsables de Cardioloxía do Complexo Hospitalario Universitario de Ourense (CHUO) neste 20 de xaneiro, o presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez, anunciaba a ampliación do horario de hemodinámica neste centro ás 24 horas do día e os 365 días do ano. Un servizo que estará, dixo, “plenamente operativo a partir da primeira semana de febreiro”.

Feijóo indicaba que con esta medida, “ademais de reforzarse os servizos que presta o CHUO, achegando aínda máis os servizos asistenciais aos pacientes da área de Ourense, optimízanse recursos, consolidando un modelo de asistencia en rede que ten permitido: mellorar a calidade asistencial; manter a seguridade dos procedementos; facilitar os servizos aos pacientes, evitando desprazamentos; contribuír a mellorar a formación e a docencia e a investigación”.

O presidente da Xunta tamén recordaba que nos últimos anos tense levado a cabo neste hospital un investimento de máis de 41 millóns de euros para a súa modernización, o que permitiu “concentrar todas as unidades nun único edificio, incrementar a comodidade dos pacientes e dedicar Santa María Nai á atención ambulatoria sen ingreso en exclusiva”.

 

Artigos relacionados

Back to top button