SanidadeÚltima hora

O Hospital de Día de Saúde Mental do CHUO expón os traballos elaborados polos seus pacientes

O recadado coa venda do exposto irá destinado a costear unha parte do programa de ocio e tempo libre  
Os traballos están feitos con diversos materiais como madeira ou goma eva.
Os traballos expostos están feitos con diversos materiais como madeira ou goma eva.

O Hospital de Día de Saúde Mental do Complexo Hospitalario Universitario de Ourense acolle, dende hoxe ata o 30 de decembro, a exposición dos traballos de artesanía e artes plásticas elaborados, ao longo de todo o ano, polos pacientes deste dispositivo de saúde mental.

A venda dos traballos esxpostos está destinada a cubrir unha parte dos gastos do progrma de ocio e tempo libre dos pacientes, polo que a exposición, xa tradicional nestas datas, cumpre a fin de mellorar a valoración e a autoestima dos enfermos e apoiar este programa, “fundamental no tratamento rehabilitador e de fomento da integración”, resaltaron dende o CHUO.

Para os pacientes, tanto en terapia ocupacional como as actividades de ocio, constitúen unha parte fundamental do tratamento, destinado a potenciar a súa reinserción socio-laboral e a mellorar a súa dinámica familiar e calidade de vida.

Os encargados de prestar apoio ás actividades que dan lugar aos traballos expostos nesta mostra anual son os membros do persoal de enfermería do Hospital de Día, que asume, xunto coas súas labores clínicas diarias, o desenvolvemento desta programación artística.

A exposición conta con máis dun centenar de traballos e consisten en creacións de todo tipo: cadros, caixas decorativas, espellos, panos de pescozo, pezas de madeira, escaiola ou poliuretano decorado, ademais de fundas e figuriñas feitas con goma eva.

Tanto o propio interese da mostra, como polo seu fin socio-terapéutico, os profesionais deste dispositivo de saúde mental animaron á poboación a visitala, e en especial aos profesionais de saúde mental e familiares dos pacientes dos distintos dispostivos da provincia.

Artigos relacionados

Back to top button