SanidadeÚltima hora

O Hospital de Ourense rexistra 2 novos falecementos de persoas diagnosticadas por Covid

Exterior do Hospital Universitario de Ourense./ Foto: Mónica G. Bellver.

 

A Consellería de Sanidade vén de comunicar o falecemento nas últimas horas en Galicia de catro persoas que foran diagnosticadas con coronavirus, dúas delas na provincia de Ourense. Trátase dunha muller de 89 anos e dun home de 72 anos que estaban ingresados no Complexo Hospitalario Universitario de Ourense e que falecían o 28 de agosto. En total son xa 436 as persoas falecidas na provincia no que vai de pandemia.

Ademais, o día 27 de agosto perdía a vida un home de 96 anos en Povisa e neste domingo 29 unha muller de 90 anos (procedente da residencia Soremay) no Complexo Hospitalario de Pontevedra.

As catro persoas falecidas presentaban patoloxías previas.

Artigos relacionados

Back to top button