SanidadeÚltima hora

O Hospital de Valdeorras continúa con 2 pacientes ingresados con Covid-19

O Hospital de Verín queda libre de virus e no de Ourense son 5 os ingresos, segundo Sanidade

Hospital Público de Valdeorras, no Barco./ Foto: Carlos G. Hervella.

 

Continúa a tendencia á baixa na cifra de hospitalizacións por Covid-19 na provincia de Ourense. O Hospital de Valdeorras continúa con 2 pacientes ingresados en planta, mentres que o Hospital de Verín, que onte tiña un ingreso, queda hoxe libre do virus, segundo a última actualización de datos da Consellería de Sanidade. Ademais, o Hospital Universitario de Ourense ten 5 pacientes ingresados en planta.

Dos 89 casos activos hoxe na Área Sanitaria de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras, 82 permanecen a seguemento a domicilio e 7 están ingresados en planta. O total de casos rexistrados na provincia ascenden a 1.997, con 1.777 curados e 131 falecementos (residencias e hospitais). Na provincia lévanse realizado 20.050 probas PCR.

Artigos relacionados

Back to top button
Close