Publicidade
SanidadeÚltima hora

O Hospital de Valdeorras continúa con 2 pacientes ingresados con Covid-19

Dos 121 casos activos hoxe na Área Sanitaria de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras,105 permanecen a seguemento a domicilio, 15 ingresados en planta e 1 en UCI, segundo Sanidade

O Hospital Público de Valdeorras, no Barco./ Foto: Carlos G. Hervella.

 

Por terceiro día consecutivo repítense os datos de pacientes con coronavirus ingresados no Hospital de Valdeorras, no Barco. Son dúas as persoas hospitalizadas en planta, segundo a última actualización de datos da Consellería de Sanidade. No caso do Hospital de Verín mantense 1 ingreso en planta e no Hospital de Ourense son 12 os pacientes ingresados en planta e 1 en UCI (éste último de prognóstico grave).

Dos 121 casos activos hoxe na Área Sanitaria de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras, 105 permanecen a seguemento a domicilio, 15 ingresados en planta e 1 en UCI, segundo os datos de Sanidade.

O total de casos rexistrados na provincia ascende a 1.994, con 1.742 curados e 131 falecementos. (residencias e hospitais). Na provincia lévanse realizado 19.602 probas PCR.

Artigos relacionados

Back to top button

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies.
Pinche el enlace para mayor información. También puede consultar aquí nuestra política de protección de datos

ACEPTAR
Aviso de cookies
Close