En portadaSanidadeÚltima hora

O Hospital de Valdeorras continúa con 4 pacientes con coronavirus ingresados

Dos 207 casos activos hoxe (2 menos que onte) na Área Sanitaria de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras, 173 permanecen a seguemento a domicilio, 31 ingresados en planta e 3 en UCI, segundo Sanidade

Hospital de Valdeorras./ Foto: Carlos G. Hervella.

 

Cifras practicamente idénticas ás de onte nos casos activos por coronavirus na provincia (hai dous menos que onte) e no número de ingresos por hospitais, segundo a última actualización da Consellería de Sanidade.

Así o Hospital de Valdeorras rexistra, por segundo día consecutivo, 4 pacientes ingresados en planta, mentres o Hospital de Verín segue libre de virus e o Hospital de Ourense segue con 27 en planta e 3 en UCI (estes últimos de prognóstico grave).

Dos 207 casos activos hoxe na Área Sanitaria de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras,
173 permanecen a seguemento a domicilio, 31 ingresados en planta e 3 en UCI, segundo Sanidade.

O total de casos rexistrados na provincia ascenden a 1.965, con 1.629 curados e 129 falecementos (residencias e hospitais). Na provincia lévanse realizado 18.591 probas PCR.

Artigos relacionados

Back to top button

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies.
Pinche el enlace para mayor información. También puede consultar aquí nuestra política de protección de datos

ACEPTAR
Aviso de cookies
Close