SanidadeÚltima hora

O Hospital de Valdeorras continúa con 4 pacientes con coronavirus ingresados

Dos 320 casos activos hoxe na Área de Sanitaria Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras, 278 permanecen a seguemento a domicilio, 39 ingresados en planta e 3 en UCI, segundo Sanidade

Publicidade
Hospital Público de Valdeorras, no Barco./ Foto: Carlos G. Hervella.

 

Mantense a cifra de pacientes con COVID-19 ingresados no Hospital Público de Valdeorras. Son un total de catro as persoas ingresadas en planta, mentres que o Hospital de Verín segue, por terceiro día consecutivo, libre de virus, segundo a última actualización de datos da Consellería de Sanidade.

No caso do Hospital Universitario de Ourense son 35 os pacientes ingresados en planta e 3 os que están en UCI, estes últimos de prognóstico grave.

Dos 320 casos activos hoxe na Área de Sanitaria Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras, 278 permanecen a seguemento a domicilio, 39 están ingresados en planta e 3 en UCI, segundo Sanidade.

O total de casos rexistrados na provincia elévase a 1.952, con 1.504 curados e 128 falecementos (residencias e hospitais). Na provincia lévanse realizado probas PCR 18.169.

Os datos de Galicia

O número de casos activos de coronavirus en Galicia ascende a 2.008, deles 494 son da área da Coruña, 122 da de Lugo, 320 da de Ourense, 107 da de Pontevedra, 478 da área de Vigo, 413 da de Santiago, e 74 da de Ferrol, tal e como informa a Consellería de Sanidade.

Do total de pacientes positivos, 22 permanecen en UCI, 111 están en unidades de hospitalización e 1.875 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 8.283 persoas curadas, rexistrándose 601 falecementos. O número de PCR realizadas é de 122.456.

Artigos relacionados

Back to top button