SanidadeÚltima hora

O Hospital de Valdeorras continúa con 5 pacientes con Covid-19 ingresados

O total de casos rexistrados na provincia ascende a 1.979, con 1.690 curados e 129 falecementos, segundo Sanidade

Hospital de Valdeorras./ Foto: Carlos G. Hervella.

 

Un día máis, repítense as cifras de pacientes ingresados con coronavirus no Hospital de Valdeorras. Son cinco persoas as que continúan hospitalizadas en planta no centro barquense, segundo a última actualización de datos da Consellería de Sanidade.

O Hospital de Verín rexistra un ingreso, mentres que no Hospital Universitario de Ourense son 14 os pacientes ingresados en planta (3 menos que onte) e 2 en UCI (estes dous últimos con prognóstico grave).

Dos 160 casos activos hoxe na Área Sanitaria de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras, 139 permanecen a seguemento a domicilio, 20 están ingresados en planta e 2 en UCI, segundo Sanidade.

O total de casos rexistrados na provincia ascende a 1.979, con 1.690 curados e 129 falecementos (residencias e hospitais). Na provincia lévanse realizado 19.033 probas PCR.

Artigos relacionados

Back to top button

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies.
Pinche el enlace para mayor información. También puede consultar aquí nuestra política de protección de datos

ACEPTAR
Aviso de cookies
Close