En portadaÚltima hora

O Hospital de Valdeorras continúa con cinco ingresos por Covid

Hospital Público de Valdeorras, no Barco./ Foto: Carlos G. Hervella.

 

Nesta xornada de luns 28 de setembro a Área Sanitaria de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras rexistra 743 casos activos de coronavirus, o que supón 15 máis que onte, segundo os datos que vén de comunicar a Consellería de Sanidade.

Dese conxunto de casos, hai 59 ingresados (5 na Unidade de Coidados Intensivos) e 684 a seguemento a domicilio. O Hospital Universitario de Ourense ten 40 pacientes (2 máis que onte) con Covid ingresados en planta e 5 en UCI, mentres que o de Verín rexistra 9 ingresos (1 máis que onte) en planta e o Hospital de Valdeorras continúa con 5 ingresos en planta.

O total de casos rexistrados na provincia elévase a 3.451, con 2.561 curados e 147 falecementos. Na provincia lévanse realizado ata o de agora 57.651 probas PCR, das que 459 se fixeron nas últimas 24 horas.

Artigos relacionados

Back to top button
Close