En portadaSanidadeÚltima hora

O Hospital de Valdeorras continúa mantendo 17 ingresos por Covid-19

A provincia rexistra 1.642 casos, con 254 altas e 95 falecementos, segundo Sanidade

O Hospital Público de Valdeorras./ Foto: Carlos G. Hervella.

 

Dos 1.293 casos de coronavirus activos hoxe na Área Sanitaria Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras, un total de 1.105 permanecen a seguemento a domicilio, 172 están ingresados en planta nun hospital e 16 en UCI, segundo a Consellería de Sanidade.

O Hospital Universitario de Ourense ten 147 pacientes ingresados en planta e 16 en UCI, estes últimos con prognóstico grave.

O Hospital de Valdeorras mantén a cifra de 17 pacientes ingresados en planta (son xa dous días seguidos sen incremento de hospitalizacións) e o Hospital de Verín a de 7. Ademais en CO.SA.GA hai un ingreso en planta.

O total de casos rexistrados na provincia ascende a 1.642, con 254 altas e 95 falecementos (residencias e hospitais).

O número de probas PCRs realizadas en Ourense é de 13.523.

Os datos nas residencias da provincia

As residencias da terceira idade da provincia de Ourense rexistran 271 positivos (dous máis que onte) en coronavirus entre os seus usuarios e 122 (un menos que onte) entre o seu persoal, o que supón un total de 393 casos, segundo a última actualización feita pública dende a Consellería de Sanidade.

A distribución de casos entre usuarios por residencias é a seguinte: 57 en Ntra. Sra. de Fátima (O Barco de Valdeorras), 5 na Res. Castro Caldelas, 17 na Res. San Carlos (Celanova), 1 na Res. Chandrexa, 1 na Res. Val Monterrei, 1 na Res. Virxe Clamadoira (Muíños), 1 na Res. Nogueira, 1 na Res. S. Martiño (Nogueira), 72 en Ntra. Sra. de La Esperanza, San Rosendo (Ourense); 36 na Res. S. José Hermanitas (Ourense), 41 na Res. Divino Maestro, San Rosendo (Ourense);  31 na Res. Galisenior (Ourense), 2 na Res. DomusVi Ourense, 1 na Res. Sta. Marta (Ourense), 1 na Res. DomusVi Pereiro (Pereiro de Aguiar), 1 na Res. Ramirás (Ramirás), 1 na Res. N. S. dos Anxos (Ribadavia) e 1 na Res.Monte Barrio (Riós).

Con respecto aos casos de Covid-19 entre o persoal, a cifra de traballadores positivos é a seguinte por centro: 3 na Res. N.S do Socorro (A Arnoia), 1 na Residencia Alvetus (Avión), 2 na Res.DomusVi Barbadás, 1 na Res. Os Miragres (Barbadás), 16 en Nosa Señora de Fátima (O Barco), 9 na Res. Castro Caldelas, 8 na Res. San Carlos (Celanova), 35 en Ntra. Sra. de La Esperanza, San Rosendo (Ourense);
10 na Res. San José, Hermanitas (Ourense); 20 na Res. Divino Maestro, San Rosendo (Ourense); 8 na Residencia Galisénior (Ourense), 4 na Residencia Os Gozos (Pereiro de Aguiar), 1 na Residencia Maiores A Porqueira, 2 na Res. N.S. dos Anxos (Ribadavia), 1 na Res. Monte Barrio (Riós) e 1 na Res. de San Xoán Río.

Galicia ten 8.468 casos de Covid-19, dos que 6.416 están activos

A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia ascende a 6.416, deles 1.417 son da área da Coruña, 610 da de Lugo, 1.293 da de Ourense, 515 da de Pontevedra, 1.162 da área de Vigo, 1.063 da de Santiago, e 356 da de Ferrol.

Do total de pacientes positivos, 101 permanecen en UCI, 603 están en unidades de hospitalización e 5.712 no domicilio. Polo de agora, en Galicia rexistráronse 1.588 altas de pacientes e 464 falecementos, o que cos 6.416 casos activos dá un total de 8.468 casos de coronavirus rexistrados neste comunidade.

O número de probas PCR realizadas é de 74.419.

Seis novos falecementos en Galicia, un deles no Hospital de Monforte

Nas últimas horas falecían falecían en Galicia 6 persoas que foran diagnosticadas por coronavirus. Son un varón de 84 anos, que estaba ingresado no Chuf; un varón de 92 anos, outro de 84 e outro de 80, os tres ingresados no Chus; un varón de 91 ingresado en Monforte; e outro varón de 72 en Povisa. Todos eles con patoloxías previas, segundo a información da Consellería de Sanidade.

Artigos relacionados

Back to top button