En portadaÚltima hora

O Hospital de Valdeorras, libre de coronavirus

Dos 60 casos activos hoxe na Área Sanitaria de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras, 59 permanecen a seguemento a domicilio e hai un único paciente ingresado en planta no Hospital Universitario de Ourense, segundo Sanidade

Hospital de Valdeorras./ Foto: Carlos G. Hervella.

 

Boas novas neste 3 de xuño para o Hospital Público de Valdeorras. Despois de semanas con ingresos de pacientes con coronavirus, que chegaron a superar a vintena, este centro barquense que, finalmente, libre de Covid-19, tal e como vén de confirmar a Consellería de Sanidade. Tampouco no Hospital de Verín se rexistran ingresos por esta patoloxía.

Dos 60 casos activos hoxe na Área Sanitaria de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras, 59 permanecen a seguemento a domicilio e hai un único paciente ingresado en planta no Hospital Universitario de Ourense, segundo Sanidade.

O total de casos rexistrados na provincia ascenden a 2.002, con 1.811 curados e 131 falecementos. (residencias e hospitais). Por agora na provincia de Ourense lévanse realizado 20.622 probas PCR.

Artigos relacionados

Back to top button