En portadaÚltima hora

O Hospital de Valdeorras mantén 17 ingresos por coronavirus

O total de casos rexistrados na provincia ascende a 1.583, con 248 altas e 92 falecementos

Hospital Público de Valdeorras, no Barco./ Foto: Carlos G. Hervella.

 

As cifras de ingresos de pacientes con coronavirus mantéñense no Hospital Público de Valdeorras. Segundo a última actualización de datos da Consellería de Sanidade, no centro barquense hai 17 pacientes hospitalizados en planta, os mesmos que onte.

Na Área Sanitaria de Ourense, Verín e O Barco rexístranse 1.243 casos activos, dos cales 1.056 permanecen a seguemento a domicilio, 170 está ingresados en planta nun hospital e 17 en UCI.

Ademais dos 17 ingresos en planta do Hospital de Valdeorras, no de Verín hai 7. No Hospital Universitario de Ourense son 145 os pacientes hospitalizados en planta e 17 en UCI, sendo estes últimos de prognóstico grave. Ademais no CO.SA.GA. hai un ingreso.

O total de casos rexistrados na provincia ascende este luns a 1.583, con 248 altas e 92 falecementos (residencias e hospitais). Ademais lévanse realizado 10.473 probas PCRs.

2 novos falecementos no CHUO

Nas últimas horas falecían en Galicia outras cinco persoas que foron diagnosticadas por coronavirus, tal e como confirma Sanidade. Entre elas están unha muller de 100 anos e un home de 82 anos que estaban ingresados no Complexo Hospitalario Universitario de Ourense (CHUO).

Tamén perdían a vida un home de 55 anos que estaba ingresado no CHUAC, un home de 70 anos que estaba ingresado no Hospital Vithas Fátima de Vigo; e un home de 85 anos que estaba ingresado no Hospital de La Rosaleda, en Santiago. Todos eles tiñan patoloxías previas.

Os casos nas residencias da provincia

Melloran os datos globais de casos nas residencias da terceira idade da provincia de Ourense, que rexistran 269 positivos (as cifras de onte eran de 302) entre os seus usuarios e 123 entre os traballadores (7 menos que onte), o que supón un total de 469 positivos, segundo a información achegada dende a Consellería de Sanidade. Desta lista elimínanse 29 usuarios na residencia N.S. Esperanza (Ourense) por curación.

No caso dos residentes, a situación por centros é a seguinte: 57 positivos en Ntra. Sra. de Fátima (O Barco de Valdeorras), 5 na Res. Castro Caldelas, 17 na Res. San Carlos (Celanova), 1 na Res. Chandrexa, 1 na Res. Avoíños (Coles), 1 na Res. Val Monterrei, 1 na Res. Virxe Clamadoira (Muíños), 1 na Res. Nogueira, 1 na Res. S. Martiño (Nogueira), 72 en Ntra. Sra. de La Esperanza, San Rosendo (Ourense); 36 na Res. S. José Hermanitas (Ourense), 41 na Res. Divino Maestro, San Rosendo (Ourense); 30 na Res. Galisenior (Ourense), 1 na Res. DomusVi Ourense, 1 na Res. Sta. Marta (Ourense), 1 na Res. DomusVi Pereiro (Pereiro de Aguiar), 1 na Res. Ramirás (Ramirás) e 1 na Res. N. S. dos Anxos (Ribadavia).

No referente aos traballadores infectados por COVID-19, os positivos por centro son: 3 Res. N.S do Socorro (A Arnoia): 1 na Residencia Alvetus (Avión), 2 na Res.DomusVi Barbadás, 1 na Res. Os Miragres (Barbadás), 16 en Nosa Señora de Fátima (O Barco), 9 na Res. Castro Caldelas, 10 na Res. San Carlos (Celanova), 35 en Ntra. Sra. de La Esperanza, San Rosendo (Ourense); 10 na Res. San José, Hermanitas (Ourense), 20 na Res. Divino Maestro, San Rosendo (Ourense); 7 na Residencia Galisénior (Ourense), 4 na Residencia Os Gozos (Pereiro de Aguiar); 1 na Residencia Maiores A Porqueira, 2 na Res. N.S. dos Anxos (Ribadavia), 1 na Res. Monte Barrio (Riós) e 1 Res. de San Xoán Río.

8.299 casos en Galicia, deles 6.296 están activos

A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia ascende a 6.296, deles 1.408 son da área da Coruña, 605 da de Lugo, 1.243 da de Ourense, 508 da de Pontevedra, 1.142 da área de Vigo, 1.046 da de Santiago, e 344 da de Ferrol.

Do total de pacientes positivos, 108 permanecen en UCI, 601 están en unidades de hospitalización e 5.587 no domicilio. Polo de agora, en Galicia rexistráronse 1.548 altas de pacientes e 455 falecementos, o que xunto aos casos activos, dá un totl de 8.299 positivos nesta comunidade autónoma.
O número de probas PCR realizadas é de 67.639.

Artigos relacionados

Back to top button