En portadaÚltima hora

O Hospital de Valdeorras mantén 20 ingresos por coronavirus

A área sanitaria de Ourense, Verín e O Barco rexistra 1.193 casos activos, 200 altas e 81 falecementos

Exterior do Hospital Público de Valdeorras no Barco./ Foto: Carlos G. Hervella.

 

Dos 1.193 casos activos de coronavirus hoxe na Área Sanitaria de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras, un total de 1.006 permanecen a seguemento nos seus domicilios, 189 están ingresados en planta e 22 en UCI, segundo a última actualización de datos feita pública pola Consellería de Sanidade.

Dos 189 pacientes hospitalizados, 20 (a mesma cifra de onte) están ingresados en planta no Hospital de Valdeorras no Barco e 6 tamén en planta no Hospital de Verín. No Hospital Universitario de Ourense hai 162 ingresos en planta e 22 en UCI, sendo estes últimos pacientes de prognóstico grave. Ademais, no CO.SA.GA hai un ingreso en planta.

O total de casos rexistrados na provincia ascende a 1.474, con 200 altas e 81 falecementos (residencias é hospitais), segundo Sanidade.

Na provincia lévanse realizado ata un total de 7.267 PCRs, tendo en conta que “as de residencias están enviándose a Vigo”, di Sanidade.

Un total de 435 positivos nas residencias da provincia, entre usuarios e traballadores

Nas residencias da provincia de Ourense hai 311 positivos (a mesma cifra de onte) entre os seus usuarios e 124 (2 máis que onte) entre os seus traballadores.

No referente aos casos de Covid-19 entre os residentes, a situación é a seguinte por centro: 61 en Ntra. Sra. de Fátima (O Barco de Valdeorras), 14 en Res. Castro Caldelas, 21 en San Carlos (Celanova), 1 en Res. Chandrexa, 1 en Res. Avoíños (Coles), 1 no Res. Quercus (Leiro), 1 no Res. Val Monterrei, 1 no Res. Nogueira, 1 na Res. S. Martiño (Nogueira), 35 na Res. S. José Hermanitas, 101 en Ntra. Sra. de La Esperanza, San Rosendo (Ourense); 38 no Res. Divino Maestro, San Rosendo (Ourense); 29 no Res. Galisenior (Ourense), 1 no Res. DomusVi Ourense, 1 na Res. Sta. Marta (Ourense), 1 na Res. DomusVi Pereiro (Pereiro de Aguiar), 1 na Residencia Os Gozos (Pereiro de Aguiar), 1 na Res. Ramirás (Ramirás) e 1 na Res. Monte Barrio (Riós).

A situación en canto a positivos de traballadores por residencias a provincia é a seguinte: 1 na Residencia Alvetus (Avión), 2 na Res.DomusVi Barbadás, 1 na Res. Os Miragres (Barbadás), 18 en Nosa Señora de Fátima (O Barco), 9 na Res. Castro Caldelas, 15 en San Carlos (Celanova), 11 na Res. San José, Hermanitas (Ourense),
35 en Ntra. Sra. de La Esperanza, San Rosendo (Ourense), 19 na Res. Divino Maestro, San Rosendo (Ourense); 7 na Residencia Galisénior (Ourense), 4 na Residencia Os Gozos (Pereiro de Aguiar), 1 na Residencia Maiores A Porqueira e 1 na Res. Monte Barreiro (Riós).

Un total de 7.705 casos en Galicia dos que 6.019 están activos

En Galicia os casos activos de coronavirus son 6.019, deles 1.280 son da área da Coruña, 589 da de Lugo, 1.193 da de Ourense, 505 da de Pontevedra, 1.085 da área de Vigo, 1.029 da de Santiago, e 338 da de Ferrol, segundo a consellería.

Do total de pacientes positivos, 128 permanecen en UCI, 746 están en unidades de hospitalización e 5.145 no domicilio. Polo de agora, en Galicia rexistráronse 1.298 altas de pacientes e 391 falecementos.

O número de PCR realizadas é de 50.396.

 

Artigos relacionados

Back to top button