SanidadeÚltima hora

O Hospital de Valdeorras mantén 3 pacientes con coronavirus ingresados

Dos 405 casos activos hoxe na Área Sanitaria de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras,  336 permanecen a seguemento a domicilio, 66 están ingresados en planta e 3 en UCI, segundo Sanidade

 

Exterior do hospital do Barco.

 

Despois de rexistrar un descenso no pasado domingo, a cifra de pacientes con COVID-19 ingresados no Hospital de Valdeorras mantense en tres neste luns 11 de maio, segundo a última actualización de datos da Consellería de Sanidade.

Tamén se repite a cifra no Hospital de Verín, cun único ingreso. No Hospital Universitario de Ourense hai 62 ingresados en planta (3 máis que onte) e 3 en UCI (éstes últimos de prognóstico grave).

Dos 405 casos activos hoxe na Área Sanitaria de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras,  336 permanecen a seguemento a domicilio, 66 están ingresados en planta e 3 en UCI, segundo Sanidade.

O total de casos rexistrados na provincia ascende a 1.919, con 1.390 curados e 124 falecementos (residencias e hospitais). Na provincia lévanse realizado 17.353 probas PCR.

Os datos galegos

O número de casos activos de coronavirus en Galicia elévase a 2.631, deles 606 son da área da Coruña, 161 da de Lugo, 405 da de Ourense, 138 da de Pontevedra, 697 da área de Vigo, 517 da de Santiago, e 107 da de Ferrol, citando as cifras da Consellería de Sanidade.

Do total de pacientes positivos, 26 permanecen en UCI, 191 están en unidades de hospitalización e 2.414 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 7.445 persoas curadas, rexistrándose 593 falecementos.

O número de PCR realizadas é de 116.144.

Artigos relacionados

Back to top button