SanidadeÚltima hora

O Hospital de Valdeorras mantén 5 pacientes con Covid-19 ingresados

O total de casos rexistrados na provincia ascenden a 1.976, con 1.676 curados e 129 falecementos, segundo Sanidade

Hospital Público de Valdeorras, no Barco./ Foto: Carlos G. Hervella.

 

Neste mércores 20 de maio repítense as cifras de pacientes con coronavirus ingresados no Hospital de Valdeorras. Son cinco persoas, hospitalizadas en planta, segundo a última actualización da Consellería de Sanidade. A primeiros deste mes de maio chegaba a baixar a 3 ingresos, pero despois volveu a producirse unha lixeira subida.

Por contra, o Hospital de Verín queda novamente libre de virus, tras rexistrar onte un ingreso, e no Hospital Universitario de Ourense hai 17 pacientes ingresados en planta (6 menos que onte) e 2 en UCI (éstes últimos de prognóstico grave).

Dos 171 casos activos hoxe na Área Sanitaria de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras, 147 permanecen a seguemento a domicilio, 22 están ingresados en planta e 2 en UCI, segundo Sanidade.

O total de casos rexistrados na provincia ascenden a 1.976, con 1.676 curados e 129 falecementos (residencias e hospitais). Na provincia lévanse realizado 18.889 probas PCR.

Artigos relacionados

Back to top button