En portadaÚltima hora

O Hospital de Valdeorras mantén tres ingresos por Covid

A provincia rexistra 689 casos activos, 21 máis que onte, segundo a última actualización de Sanidade

Exterior do Hospital Comarcal Valdeorras, no Barco.

 

Un total 689 casos activos de coronavirus rexístranse hoxe na Área Sanitaria Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras, 53 deles están ingresados (5 na Unidade de Coidados Intensivos) e 636 permanecen a seguemento a domicilio.

O Hospital Universitario de Ourense ten 38 en planta (1 menos que onte) e continúa con 5 na UCI, mentres o Hospital de Valdeorras mantén 3 ingresos e o Hospital de Verín rexistra 7 (2 menos que onte).

O total de casos rexistrados na provincia ascende a 3.364, con 2.529 curados e 146 falecementos. Na provincia lévanse realizado un total de 56.549 probas PCR (812 nas últimas 24 horas).

Artigos relacionados

Back to top button
Close