En portadaÚltima hora

O Hospital de Valdeorras mantén un ingreso por Covid

O Hospital de Verín ten 12 pacientes ingresados con coronavirus e o de Ourense 35, 5 deles en UCI

Sinalización para realizar probas de Covid no Hospital de Valdeorras./ Foto: A.R.

 

A Área Sanitaria de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras chega aos 552 casos activos de Covid-19 (11 máis que onte), segundo a última actualización que vén de facilitar a Consellería de Sanidade.

Dese conxunto de casos, 48 están ingresados, deles 5 na Unidade de Coidados Intensivos (UCI) e 504 encóntranse a seguemento a domicilio. O Hospital Universitario de Ourense ten 30 pacientes ingresos en planta e 5 na UCI (os mesmos datos que onte), mentres que o Hospital de Verín ten 12 pacientes en planta (1 máis que onte) e o Hospital de Valdeorras continúa cun único ingreso en planta.

O total de casos rexistrados na provincia elévase a 3.110, con 2.414 curados e 144 falecementos. Ata agora lévanse realizado 53.834 probas PCR, 453 nas últimas 24 horas.

Artigos relacionados

Back to top button
Close