SanidadeÚltima hora

O Hospital de Valdeorras non rexistra novos ingresos por coronavirus

O centro barquense ten sete pacientes ingresados en planta, os mesmos que hai tres días

Hospital de Valdeorras./ Foto: Carlos G. Hervella.

 

Dos 1.315 casos activos hoxe na Área Sanitaria de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras, un total de 1.153 permanecen a seguemento nos seus domicilios, 147 están ingresados en planta e 15 en UCI, segundo a última actualización da Consellería de Sanidade.

Por centros hospitalarios, o Hospital de Valdeorras ten 7 ingresados en planta e o de Verín un total de 4. No Hospital Universitario de Ourense son 133 os ingresos en planta e 15 en UCI (neste caso con prognóstico grave). Ademais no CO.SA.GA hai tres ingresos en planta.

Deste xeito, o total de casos rexistrados na provincia elévase a 1.741 (11 máis que onte), con 319 altas e 107 falecementos (residencias e hospitais).

Na provincia realizáronse  un total de PCRs 14.104.

Novo falecemento no CHUO

Nas últimas hora falecían en Galicia 2 persoas que foran diagnosticadas por coronavirus. Son unha muller de 73 anos que estaba ingresada no CHUO e un varón de 81 anos que estaba ingresado no Hospital do Barbanza. Os dous tiñan patoloxías previas, segundo Sanidade.

9.238 casos en Galicia, dos que 6.891 están activos

O número de casos activos de coronavirus en Galicia ascende a 6.891, segundo a última actualización de Sanidade, deles 1.659 son da área da Coruña, 662 da de Lugo, 1.315 da de Ourense, 569 da de Pontevedra, 1.219 da área de Vigo, 1.067 da de Santiago, e 400 na de Ferrol.

Do total de pacientes positivos, 83 permanecen e UCI, 507 están en unidades de hospitalización e 6.301 no domicilio. Polo de agora, en Galicia rexistráronse 1.816 altas de pacientes e 531 falecementos, o que xunto aos casos activos, dá un total de 9.238.

O número de PCR realizadas é de 87.824.

Artigos relacionados

Back to top button