CulturaCulturaÚltima hora

O Hospital de Valdeorras recibe obras da Xunta co gallo do Día do Libro

En total son 14 os hospitais públicos de toda Galicia que reciben libros da Consellería de Cultura e Turismo

 

Co gallo do Día do Libro, 14 hospitais públicos de Galicia, entre eles o de Valdeorras, reciben un total de 4.000 libros procedentes das adquisicións da Consellería de Cultura e Turismo a editoras para o seu agasallo xeral e uso nas aulas hospitalarias. A través desta iniciativa da que se benefician tanto o persoal, como os pacientes e acompañantes, a Xunta pretende “visibilizar o importante papel que a industria do libro galego desempeña dentro da sociedade, recoñecer o papel dos autores e fornecer dunha opción de lecer cultural, relaxación e entretemento tanto aos alumnos das devanditas aulas e as unidades de pediatría, como a aqueles pacientes que pola súa enfermidade estean en disposición e desexen ler, os seus acompañantes e persoal do SERGAS”.

A remesa está configurada principalmente por obras de literatura infantil e xuvenil en galego, e inclúe unha compilación de títulos para aproximarse ao patrimonio cultural e, especificamente, ao Camiño de Santiago, con volumes como A peregrina gastrónoma, escrita por María Canosa. Admais, tamén se inclúen títulos clásicos, obras arredor do persoeiro ao que se lle dedica este ano o Día das Letras Galegas, Ricardo Carvalho Calero, ou monografías de sabios do país como Astronomía. A ollo ceibe de Ramón María Aller, entre outros.

Artigos relacionados

Back to top button