En portadaSanidadeÚltima hora

O Hospital de Valdeorras reduce os ingresos por coronavirus e rexistra 17

O total de casos rexistrados na provincia ascenden a 1.571, con 247 altas e 91 falecementos, segundo Sanidade

O Hospital Público de Valdeorras, no Barco./ Foto: Carlos G. Hervella.

 

A Área Sanitaria de Ourense, Verín e O Barco rexistra 1.233 casos activos de Covid-19, segundo os datos que hoxe vén de facer públicos a Consellería de Sanidade. Dese total, 1.047 casos permanecen a seguemento en domicilio, 168 están ingresados en planta nun hospital e e 18 en UCI.

O Hospital de Valdeorras rexistra, por segundo día consecutivo, un descenso dos seus ingresos en planta, ao pasar dos 19 rexistrados onte aos 17 deste domingo, segundo Sanidade. O Hospital de Verín ten 7 pacientes ingresados en planta e o Hospital Universitario de Ourense 144 en planta e 18 en UCI, éstes últimos “de prognóstico grave”, segundo a consellería. Hai ademais un ingreso en planta no CO.SA.GA.

O total de casos rexistrados na provincia ascenden a 1.571, con 247 altas e 91 falecementos (entre residencias e hospitais). Na provincia lévanse realizado 9.917 PCRs.

Os positivos nas residencias de maiores da provincia

Segundo a útima actualización de datos da Consellería de Sanidade, as residencias da terceira idade da provincia de Ourense rexistran 302 positivos entre os seus usuarios e 130 entre os seus traballadores, o que supón un total de 432 positivos.

No caso dos residentes, a situación por centros é a seguinte: 57 positivos en Ntra. Sra. de Fátima (O Barco de Valdeorras), 5 en Res. Castro Caldelas, 20 na Res. San Carlos (Celanova), 1 na Res. Chandrexa, 1 na Res. Avoíños (Coles), 1 na Res. Val Monterrei, 1 na Res. Virxe Clamadoira (Muíños), 1 na Res. Nogueira, 1 na Res. S. Martiño (Nogueira), 103 en Ntra. Sra. de La Esperanza, San Rosendo (Ourense);  36 na Res. S. José Hermanitas (Ourense), 40 na Res. Divino Maestro, San Rosendo (Ourense), 30 na Res. Galisenior (Ourense), 1 na Res. DomusVi Ourense, 1 na Res. Sta. Marta (Ourense), 1 na Res. DomusVi Pereiro (Pereiro de Aguiar), 1 na Res. Ramirás (Ramirás) e 1 na Res. N. S. dos Anxos (Ribadavia).

Ademais nesta última listaxe elimínanse “por curación 2 usuarios de N.S de Fátima (O Barco de Valdeorras)”, segundo Sanidade.

No relativo aos casos entre o persoal, os datos son por residencia son: 3 na Res. N.S do Socorro (A Arnoia), 1 Residencia Alvetus (Avión), 2 na Res.DomusVi Barbadás, 1 na Res. Os Miragres (Barbadás),
16 en Nosa Señora de Fátima (O Barco), 9 na Res. Castro Caldelas, 18 na Res. San Carlos (Celanova), 35 en Ntra. Sra. de La Esperanza, San Rosendo (Ourense); 10 na Res. San José, Hermanitas (Ourense), 20 na Res. Divino Maestro, San Rosendo (Ourense); 7 na Residencia Galisénior (Ourense), 4 na Residencia Os Gozos (Pereiro de Aguiar), 1 na Residencia Maiores A Porqueira, 2 na Res. N.S. dos Anxos (Ribadavia)
e 1 na Res. Monte Barrio (Riós).

Galicia ten 8.185 casos de coronavirus, dos cales 6.205 están activos

A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia elévase a 6.205, dos que 1.392 corresponden á área da Coruña, 595 á de Lugo, 1.233 son da de Ourense, 507 da de Pontevedra, 1.104 da área de Vigo, 1.034 da de Santiago, e 340 da de Ferrol.

Do total de pacientes positivos, 112 permanecen en UCI, 596 están en unidades de hospitalización e 5.497 no domicilio. Polo de agora, en Galicia rexistráronse 1.536 altas de pacientes e 444 falecementos, o que supón, xunto aos casos activos, un total de 8.185 casos de coronavirus rexistrados na comunidade.

O número de probas PCR realizadas é de 63.715.

Falecementos

Por outra banda, en Galicia falecían nas últimas horas catro persoas que foran diagnosticadas por coronavirus. Son unha muller de 71 anos que estaba ingresada no Chuf; un varón de 67 e outro varón de 79 anos ingresados no Chuac; e unha muller de 93 anos ingresada no Chuvi. Todos eles con patoloxías previas, segundo informa Sanidade.

 

Artigos relacionados

Back to top button