En portadaÚltima hora

O Hospital de Valdeorras rexistra 1 ingreso por Covid, tras unha semana libre de virus

Na provincia seguen disparándose os casos activos e chegan aos 1.140, segundo os últimos datos de Sanidade

Entrada principal do Hospital Público de Valdeorras, no Barco./ Foto: Carlos G. Hervella.

 

A curva de casos activos de coronavirus na provincia segue disparándose. A Área Sanitaria de Ourense, Verín e O Barco suma xa 1.140 casos activos, 100 máis que onte, segundo os últimos datos publicados esta mañá pola Consellería de Sanidade e actualizados ás 18h. do 11 de xaneiro.

Tamén se incrementan os ingresos. Así hai 44 persoas hospitalizados en planta (2 máis que onte) e 4 na Unidade de Coidados Intensivos (1 máis que onte). E tamén volven subir, aínda que levemente, os casos confirmados por PCR nas últimas 24 horas un total de 98 (fronte aos 89 de onte).

No que se refire aos ingresos, o Hospital Público de Valdeorras rexistra 1 ingreso en planta, tras unha semana libre de virus, mentres que o Hospital de Verín rexistra 6 ingresos en planta (os mesmos que onte) e o Hospital Universitario de Ourense ten 37 en planta (1 máis que onte) e 4 na Unidade de Coidados Intensivos (1 máis que onte).

O total de casos rexistrados ata o de agora na provincia ascende a 9.557, con 8.101 curados e 316 falecidos (o último rexistrábase onte nunha residencia de maiores de Verín).

Polo de agora lévanse realizado 145.561 probas PCR e 69.872 probas serolóxicas.

Artigos relacionados

Back to top button