SanidadeÚltima hora

O Hospital de Valdeorras rexistra 10 ingresos por Covid, un menos que onte

Seguen baixando os casos activos na provincia ata situarse en 856, 18 menos que os comunicados o 13 de novembro

 

Continúan a reducirse, unha xornada máis os casos activos de coronavirus na provincia de Ourense e tamén baixan as cifras en canto a hospitalización. Así, segundo os últimos datos facilitados pola Consellería de Sanidade (actualizados ás 18h. do 13 de novembro), a Área Sanitaria de Ourense, Verín e O Barco ten 856 casos activos, o que supón 18 menos que onte.

Deste todal de casos, 70 están hospitalizados en planta (4 menos que onte) e 14 en UCI (2 menos que onte). Sen embargo, hai un lixeiro repunte nos novos casos confirmados por PCR nas últimas 24 horas, un total de 43 (fronte aos 34 de onte).

En canto aos ingresos hospitalarios, o Hospital de Valdeorras rexistra 10 en planta (1 menos que onte), o Hospital de Verín baixa a 4 ingresos en planta (1 menos que onte) e o Hospital Universitario de Ourense ten 56 (2 menos que onte) en planta e 14 na Unidade de Coidados Intensivos (2 menos que onte).

O total de casos rexistrados ata o de agora na provincia ascende a 7.074, con 5.952 curados e 265 falecidos. Polo de agora lévanse realizado 104.231 probas PCR.

9.554 casos activos en Galicia, 22 máis que onte

Repunta o número de casos activos de coronavirus en Galicia, cun total de  9.554, 22 máis que os rexistrados onte, segunos os datos de Sanidade. Deles, 1.847 son da área da Coruña, 1.109 da de Lugo, 856 da de Ourense, 1.277 da de Pontevedra, 2.508 da área de Vigo, 1.085 da de Santiago, e 872 da de Ferrol.

Do total de pacientes positivos, 100 están en UCI, 468 en unidades de hospitalización e 8.986 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 34.254 persoas curadas, rexistrándose 1.056 falecementos. O número de PCR realizadas é de 789.671.

Artigos relacionados

Back to top button