SanidadeÚltima hora

O Hospital de Valdeorras rexistra 14 pacientes ingresados por Covid-19

O total de casos rexistrados na provincia ascende a 1.675, con 275 altas e 99 falecementos, segundo Sanidade

Hospital Público de Valdeorras./ Foto: Carlos G. Hervella.

 

Os últimos datos da Consellería de Sanidade indican que o Hospital de Valdeorras, no Barco, rexistra nesta xornada 14 pacientes ingresados en planta por coronavirus, o que supón catro menos que onte.

No caso do Hospital de Verín son 7 os ingresados en planta e no Hospital Universitario de Ourense hai 147 persoas hospitalizadas en planta e 16 en UCI (estes paciente son de prognóstico grave). Ademais hai un ingreso en planta no CO.SA.GA.

Dos 1.301 casos activos hoxe na Área Sanitaria de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras,
1.116 permanecen a seguemento a domicilio, 169 ingresados en planta e 16 en UCI.

O total de casos rexistrados na provincia ascende a 1.675, con 275 altas e 99 falecementos (residencias e hospitais), segundo a información da Consellería de Sanidade.

As probas PCRs  realizadas en Ourense son 12.067.

Dous novos falecementos no CHUO

Nas últimas horas falecían en Galicia outras tres persoas diagnosticadas por coronavirus, dúas delas estaban ingresadas no Complexo Hospitalario Universitario de Ourense (CHUO). Trátase dun varón de 83 anos que tiña patoloxías previas e dunha muller de 88 anos sen patoloxías previas.

Ademais perdía a vida un varón de 66 anos que estaba ingresado no Complexo Hospitalario Universitario da Coruña (CHUAC).

Artigos relacionados

Back to top button