En portadaÚltima hora

O Hospital de Valdeorras rexistra 18 ingresos por COVID-19

Na provincia hai un total de 1.041 casos activos, dos que de 831 permanecen a seguemento a domicilio, 188 ingresados en planta, e 22 en UCI, segundo Sanidade

Hospital de Valdeorras./ Foto: Carlos G. Hervella.

 

Dos 1.041 casos activos hoxe na Área Sanitaria Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras, un total de
831 permanecen a seguemento a domicilio, 188 ingresados en planta, e 22 en UCI, segundo a información que vén de facer pública a Consellería de Sanidade.

Por hospitais, o Hospital Universitario de Ourense ten 158 pacientes ingresados en planta e 21 en UCI. No Hospital Público de Valdeorras son 18 persoas as ingresadas en planta e no de Verín 11 os pacientes tamén en planta.

Por outra banda, no CO.SA.GA hai un paciente ingresado en planta e outro en UCI. “Os 22 pacientes ingresados na UCI son de prognóstico grave”, segundo Sanidade.

O total de casos rexistrados na provincia ascenden a 1.225. Con 125 altas e 59 falecementos (neles inclúense os dous comunicados esta mañá e, como desde onte, os que se produciron en residencias que viña dando ata antonte a Consellería de Política Social).

Ademais na provincia de Ourense lévanse realizado un total de 4.237 PCR.

Artigos relacionados

Back to top button