En portadaSanidadeÚltima hora

O Hospital de Valdeorras rexistra 2 ingresos por Covid, 1 máis que onte

A Área Sanitaria de Ourense, Verín e O Barco sobe ata os 1.960 pacientes con infección activa, 130 máis que onte

Entrada principal ao Hospital de Valdeorras.

 

Seguen disparándose as cifras do coronavirus. A Área Sanitaria de Ourense, Verín e O Barco ten 1.960 pacientes con infección activa, 130 máis que onte, segundo os últimos datos publicados esta mañá pola Consellería de Sanidade e actualizados ás 18h. do 18 de xaneiro. Ademais tamén se incrementan os novos casos confirmados por PCR nas últimas 24 horas, un total de 163 (fronte aos 110 de onte).

Así mesmo rexístrase un notable incremento nos ingresos, con 105 persoas hospitalizados en planta (13 máis que onte) e 8 na Unidade de Coidados Intensivos (2 máis que onte). O Hospital Público de Valdeorras ten 2 ingresos en planta, 1 máis que onte; o Hospital de Verín ten 12 ingresos en planta (1 máis que onte) e o Hospital Universitario de Ourense ten 89 en planta (10 máis que onte) e 8 na Unidade de Coidados Intensivos (2 máis que onte). A Clínica Santa Teresa queda e o Centro Médico El Carmen teñen cada un deles un ingreso en planta.

O total de casos rexistrados ata o de agora na provincia ascende a 10.742, con 8.461 curados e 321 falecidos (o último deles notifícase onte en Verín). Polo de agora lévanse realizado 154.790 probas PCR e 72.237 probas serolóxicas.

Artigos relacionados

Back to top button