SanidadeÚltima hora

O Hospital de Valdeorras rexistra 2 ingresos por Covid, 1 menos que onte

Entrada principal do Hospital Público de Valdeorras, no Barco./ Foto: Carlos G. Hervella.

 

Por segunda xornada consecutiva descenden os ingresos por Covid-19 no Hospital Público de Valdeorras. Segundo os datos feitos públicos na mañá deste domingo 8 de agosto pola Consellería de Sanidade (actualizados ás 18h. de onte), o hospital do Barco rexistra 2 ingresos en planta por coronavirus, 1 menos que onte.

Por contra, soben as cifras no Hospital Universitario de Ourense con 21 ingresos en planta (5 máis que onte) e 6 en UCI (1 máis que onte). O Hospital de Verín tamén baixa e hoxe rexistra 5 ingresos en planta, tres mesnos que onte (na xornada de onte o Sergas notificaba o falecemento de dúas persoas neste hospital). En total son 34 as persoas hospitalizadas por Covid na provincia de Ourense, 6 dela na UCI do CHUO.

Artigos relacionados

Back to top button