En portadaÚltima hora

O Hospital de Valdeorras rexistra 21 ingresos por coronavirus e un novo falecemento

O total de casos de Covid-19 rexistrados na área sanitaria ourensá ascende a 1.519, con 228 altas e 84 falecementos

Hospital Público de Valdeorras, no Barco./ Foto: Carlos G. Hervella.

 

Entre as nove persoas diagnosticada con coronavirus que falecían en Galicia nas últimas horas estaba un paciente do Hospital de Valdeorras, no Barco, tal e como vén de confirmar a Consellería de Sanidade. Trátase dun varón de 85 anos con patoloxías previas. Con el son xa 14 as persoas con COVID-19 falecidas no centro hospitalario barquense.

Tamén perdía a vida outro varón de 87 anos no Complexo Hospitalario Universitario de Ourense (CHUO), unha muller de 98 anos e un varón de 78 que estaban ingresados en Povisa; un varón de 86 anos e unha muller de 87 ingresados no Complexo Hospitalario Universitario de Santiago (CHUS), un varón de 75 anos no Complexo Hospitalario Universitario da Coruña (CHUAC);  un varón de 68 no Hospital da Mariña lucense e outro varón de 84 anos ingresado no Complexo Hospitalario Universitario de Vigo (CHUVI). Todos tiñan patoloxías previas, segundo Sanidade.

Nestes momentos, a Área Sanitaria de Ourense, Verín e O Barco ten 1.207 casos activos de coronavirus, dos cales 1.029 permanecen a seguemento a domicilio, 168 ingresados en planta, e 19 en UCI.

No Hospital de Valdeorras hai 21 pacientes ingresados en planta (1 máis que onte) e seis no Hospital de Verín. No caso do Hospital Universitario de Ourense son 140 os hospitalizados en planta e 19 en UCI, neste último caso con prognóstico grave. No CO.SA.GA hai un hospitalizado en planta, segundo os datos do Sergas.

O total de casos rexistrados na provincia ascende a 1.519, con 228 altas e 84 falecementos (entre residencias e hospitais). Na provincia lévanse realizado 8.816 probas PCR.

430 positivos nas residencias da terceira idade da provincia

Os positivos por coronavirus en residencias da terceira idade da provincia de Ourense ascenden a, dos cales 301 son usuarios e 129 traballadores, o que supón un total de 430 casos, segundo os datos facilitados pola Consellería de Sanidade.

No relativo aos usuarios, o número de casos por centro de maiores é o seguinte: 56 en Ntra. Sra. de Fátima (O Barco de Valdeorras), o que significa catro menos que onte, 5 na Res. Castro Caldelas, 20 na Res. San Carlos (Celanova), 1 na Res. Chandrexa, 1 na Res. Avoíños (Coles), 1 na Res. Quercus (Leiro), 1 na Res. Val Monterrei, 1 na Res. Nogueira, 1 na Res. S. Martiño (Nogueira), 103 en Ntra. Sra. de La Esperanza, San Rosendo (Ourense); 36 na Res. S. José Hermanitas (Ourense), 39 na Res. Divino Maestro, San Rosendo (Ourense); 29 na Res. Galisenior (Ourense), 1 na Res. DomusVi Ourense, 1 na Res. Sta. Marta (Ourense), 1 na Res. DomusVi Pereiro (Pereiro de Aguiar), 1 na Residencia Os Gozos (Pereiro de Aguiar), 1 na Res. Ramirás (Ramirás), 1 na Res. N. S. dos Anxos (Ribadavia) e 1 na Res. Monte Barrio (Riós).

Ademais Sanidade matiza que se eliminan da listaxe os seguintes casos positivos por curación: 9 usuarios da residencia de Castro Caldelas, 1 usuario da residencia San Carlos (Celanova) e 1 traballador da residencia San José Hermanitas (Ourense).

No que se refire aos traballadores, os casos de coronavirus por centro son os seguintes: 1 na Residencia Alvetus (Avión), 2 na Res.DomusVi Barbadás, 1 na Res. Os Miragres (Barbadás), 18 en Nosa Señora de Fátima (O Barco), 9 na Res. Castro Caldelas, 18 na Res. San Carlos (Celanova), 35 en Ntra. Sra. de La Esperanza, San Rosendo (Ourense); 10 na Res. San José, Hermanitas (Ourense), 20 na Res. Divino Maestro, San Rosendo (Ourense); 7 na Residencia Galisénior (Ourense), 4 na Residencia Os Gozos (Pereiro de Aguiar), 1 na Residencia Maiores A Porqueira, 2 na Res. N.S. dos Anxos (Ribadavia) e 1 na Res. Monte Barrio (Riós).

Galicia ten 8.013 casos de coronavirus, dos que 6.142 están activos

A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa de que, na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia ascende a 6.142, deles 1.371 son da área da Coruña, 591 da de Lugo, 1.207 da de Ourense, 505 da de Pontevedra, 1.095 da área de Vigo, 1.030 da de Santiago, e 343 da de Ferrol.

Do total de pacientes positivos, 117 permanecen en UCI, 642 están en unidades de hospitalización e 5.383 no domicilio.

En total en Galicia suma 8.013 casos de COVID-19, con 1.456 altas de pacientes e 415 falecementos.

O número de probas PCR realizadas na comunidade galega é de 57.400.

 

 

Artigos relacionados

Back to top button