En portadaSanidadeÚltima hora

O Hospital de Valdeorras rexistra 3 ingresos en planta por Covid, 1 máis que onte

 

Por terceira xornada consecutiva, continúa a tendencia á alza nos positivos por Covid na comarca e tamén nos ingresos en planta por este virus no Hospital Público de Valdeorras, segundo os datos feitos públicos pola Consellería de Sanidade neste xoves 2 de decembro, nos que figuran 3 ingresos en planta, un máis que onte.

No caso do Hospital Universitario de Ourense son 49 os ingresos por coronavirus (3 máis que onte), 45 deles en planta (4 máis que onte) e 4 en coidados intensivos (1 menos que onte). O Hospital de Verín ten 1 ingreso en planta (1 menos que onte por un falecemento) e, tanto o Centro Médico del Carmen como a Clínica Santa Teresa, continúan con 1 ingreso cada un.

En total son 55 os ingresados na provincia de Ourense, 3 máis que onte.

Fonte: Consellería de Sanidade.

Artigos relacionados

Back to top button