En portadaÚltima hora

O Hospital de Valdeorras rexistra 3 ingresos por Covid

Seguen medrando as cifras de casos activos na provincia, que xa supera os 2.500

 

A curva de casos activos de coronavirus na provincia de Ourense continúa á alza e xa supera os 2.500 positivos. Así, a Área Sanitaria de Ourense, Verín e O Barco conta con 2.568 pacientes con infección activa, 155 máis que onte, segundo os últimos datos publicados esta mañá pola Consellería de Sanidade e actualizados ás 18h. do 22 de xaneiro. Aínda así, baixan lixeiramente os novos casos confirmados por PCR nas últimas 24 horas, un total de 179 (fronte aos 193 de onte).

En canto aos ingresos, tamén suben, con 129 persoas hospitalizados en planta (14 máis que onte) e 12 na Unidade de Coidados Intensivos (2 máis que onte). O Hospital Público de Valdeorras ten 3 ingresos en planta, 3 menos que onte; o Hospital de Verín mantén 14 ingresos en planta e o Hospital Universitario de Ourense ten 109 en planta (5 máis que onte) e 12 na Unidade de Coidados Intensivos (2 máis que onte). A Clínica Santa Teresa continúa con 2 ingresos en planta e o Centro Médico El Carmen 1 en planta (1 menos que onte).

O total de casos rexistrados ata o de agora na provincia ascende a 11.706, con 8.810 curados e 328 falecidos (onte Sanidade notificaba 1 falecemento no Hospital de Ourense). Polo de agora lévanse realizado 162.711 probas PCR e 75.051 probas serolóxicas.

Artigos relacionados

Back to top button