En portadaSanidadeÚltima hora

O Hospital de Valdeorras rexistra 5 ingresos por Covid, 2 máis que onte

A provincia rexistra 1.423 casos activos de coronavirus, 33 máis que onte, segundo Sanidade

Exterior do Hospital Comarcal Valdeorras, no Barco./ Foto: Carlos G. Hervella.

 

Malia que nos últimos días o Hospital de Valdeorras viña mantendo en tres a súa cifra de ingresos por Covid-19, os datos comunicados hoxe pola Consellería de Sanidade (actualizados ás 18h. do 26 de outubro) indican que o centro conta cun total de 5 ingresos en planta, dous máis.

Por outra banda, no Hospital de Verín continúan con 8 ingresos en planta, mentres no Hospital Universitario de Ourense hai 77 en planta e 15 na Unidade de Coidados Intensivos. Ademais o Centro Médico El Carmen rexistra un ingreso na UCI e a Clínica Santa Teresa un en planta.

Novo repunte dos casos activos da provincia

Ademais os datos comunicados este martes amosan un novo repunte dos casos activos de Covid na provincia: 1.423, o que supón 33 máis que onte. Dese total, 91 están hospitalizados en planta e 16 na UCI. O que si baixa con respecto aos últimos días é a cifra de novos contaxios confirmados por probas PCR, un total de 69.

O total de casos na provincia ascende a 1.423, con 4.456 curados e 224 falecidos. Ata o de agora lévanse realizado 88.347 probas PCR.

7.074 casos activos en Galicia

A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 7.074, deles 1.201 son da área da Coruña, 691 da de Lugo, 1.423 da de Ourense, 727 da de Pontevedra, 1.358 da área de Vigo, 1.128 da de Santiago, e 546 da de Ferrol.

Do total de pacientes positivos, 58 están en UCI, 401 en unidades de hospitalización e 6.615 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 25.804 persoas curadas, rexistrándose 880 falecementos.

Falecementos

Na xornada de onte rexistráronse 10 falecementos nos centros hospitalarios galegos. Trátase de dous homes de 87 e 53 anos e unha muller de 80 anos que estaban ingresados no CHUS; un home de 66 anos que estaba ingresado no CHUAC; un home de 91 anos que estaba ingresado no Hospital Quirón Salud da Coruña; unha muller de 87 que estaba ingresada no CHUF; dous homes de 88 e 84 anos que estaban ingresados no CHUVI (esta última persoas era usuaria da residencia de Salvaterra); un home de 84 anos que estaba ingresado no CHUO (usuario da residencia O Viso de Lobeira); e unha muller de 82 anos que estaba ingresada no CHUO (usuaria da residencia Os gozos Pereiro de Aguiar). Todos eles presentaban patoloxías previas.

 

Artigos relacionados

Back to top button