En portadaÚltima hora

O Hospital de Valdeorras rexistra 5 ingresos por Covid e o de Verín chega aos 14

O Hospital Público de Valdeorras, no Barco./ Foto: Carlos G. Hervella.

 

A provincia roza os 800 casos activos de coronavirus. Segundo a última actualización de datos da Consellería de Sanidade, neste 1 de outubro a Área Sanitaria de Ourense, Verín e O Barco rexistra 799 casos activos (34 máis onte), dos que 74 están ingresados (deles 9 na Unidade de Coidados Intensivos) e 725 están a seguemento a domicilio.

O Hospital Universitario de Ourense ten 46 pacientes (6 máis que onte) con Covid ingresados en planta e 8 (2 máis que onte) na UCI, mentres que o Hospital de Valdeorras conta con 5 ingresos en planta (1 menos que onte) e o de Hospital de Verín sobre ata os 14 ingresos (2 máis que onte) en planta. Ademais, o COSAGA ten 1 paciente en UCI.

O total de casos rexistrados na provincia ascende a 3.606, con 2.655 curados e 152 falecementos. Ata o de agora lévanse realizado 61.164 probas PCR.

Artigos relacionados

Back to top button
Close