En portadaÚltima hora

O Hospital de Valdeorras rexistra 7 ingresos por Covid, 1 máis que onte

Publicidade
Exterior do Hospital Público de Valdeorras, no Barco.

 

Seguen subindo os ingresos por Covid-19 no Hospital Público de Valdeorras, que na xornada deste martes 30 de agosto rexistra 7 en planta, 1 máis que onte, segundo os datos da Consellería de Sanidade (actualizados ás 18h. de onte).

No cómputo total de ingresos na provincia de Ourense a cifra é de 29, 6 menos que onte. Así no Hospital Universitario de Ourense hai 12, en planta (8 menos que onte) e 9 na UCI (1 máis que onte); e no Hospital de Verín hai 1 ingreso en planta, igual que onte.

 

Artigos relacionados

Back to top button