En portadaSanidadeÚltima hora

O Hospital de Valdeorras rexistra 8 ingresos por Covid, 1 máis que onte

A provincia de Ourense ten 935 pacientes con infección activa, 85 menos que onte

Entrada principal ao Hospital de Valdeorras. /Foto: Mónica G. Bellver.

 

Mantense un día máis a tendencia á baixa nos casos activos de coronavirus na provincia. A Área Sanitaria de Ourense, Verín e O Barco conta con 935 pacientes con infección activa, 85 menos que onte, segundo os últimos datos, actualizados ás 18h. do 17 de febreiro, e publicados esta mañá pola Consellería de Sanidade. Tamén se rexistra un lixeiro descendo nos novos casos confirmados por PCR nas últimas 24 horas cun total de 18 (fronte aos 19 de onte).

En canto aos ingresos, hai 91 persoas hospitalizadas en planta (2menos que onte) e 13 na Unidade de Coidados Intensivos (2 menos que onte). O Hospital de Valdeorras ten 8 ingresos de pacientes en planta (1 máis que onte), o Hospital de Verín mantén 3 ingresos (igual que onte) e o Hospital Universitario de Ourense ten 79 en planta (3 menos que onte) e 12 (2 menos que onte) na Unidade de Coidados Intensivos. Finalmente, a Clínica Santa Teresa ten 1 ingreso en planta e outro en UCI.

O total de casos rexistrados ata o de agora na provincia ascende a 14.376, con 13.043 curados e 398 falecidos. Polo de agora lévanse realizado 198.913 probas PCR e 97.923 probas serolóxicas.

Artigos relacionados

Back to top button