En portadaÚltima hora

O Hospital de Valdeorras rexistra 8 ingresos por Covid, 2 máis que onte

Exterior do Hospital Comarcal Valdeorras, no Barco.

 

Crecen os ingresos de Covid-19 no Hospital Público de Valdeorras. Así, segundo os datos feitos públicos hoxe pola Consellería de Sanidade (actualizados ás 18h. do 28 de outubro), son xa 8 os ingresos en planta de pacientes con coronavirus no centro barquense, o que supón 2 máis que onte.

Por outra banda, o Hospital de Verín rexistra 7 pacientes en planta (1 menos que onte) e o Hospital Universitario de Ourense 66 en planta e 15 na Unidade de Coidados Intensivos, os mesmos de onte. Ademais hai 1 ingreso en UCI no Centro Médico El Carmen e outro na Clínica Santa Teresa.

Mantense o descenso de casos activos na provincia

Unha xornada máis, na provincia de Ourense mantense un leve descenso de casos activos de coronavirus. Así segundo a última actualización de Sanidade, a Área Sanitaria de Ourense, Verín e O Barco ten 1.407 casos activos, 7 menos que onte. Deles, 81 están hospitalizados en planta e 17 en UCI, as mesmas cifras de onte. Tamén baixanos datos de novos casos confirmados por PCR nas últimas 24 horas, un total de 59 (fronte aos 89 de onte).

O total de casos rexistrados na provincia ascende a 6.256, con 4.621 curados e 228 falecidos. Polo de agora lévanse realizado 90.052 probas PCR.

Galicia roza os 8.000 casos activos

O número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 7.930, deles 1.358 son da área da Coruña, 782 da de Lugo, 1.407 da de Ourense, 838 da de Pontevedra, 1.624 da área de Vigo, 1.251 da de Santiago, e 670 da de Ferrol, tal e como recolle a última actualización de Sanidade.

Do total de pacientes positivos, 67 están en UCI, 414 en unidades de hospitalización e 7.449 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 26.270 persoas curadas, rexistrándose 889 falecementos.

 

O número de PCR realizadas é de 663.251.

Artigos relacionados

Back to top button