En portadaSanidadeÚltima hora

O Hospital de Valdeorras rexistra un novo falecemento dun paciente diagnosticado por Covid

 

Exterior do Hospital de Valdeorras no Barco./ Foto: Mónica G. Bellver.

 

A Consellería de Sanidade vén de notificar tres novos falecementos de persoas diagnosticadas por Covid-19 nas últimas horas na provincia de Ourense, un deles no Hospital Público de Valdeorras. Trátase dunha muller de 72 anos, procedente dunha residencia de Viana do Bolo. Este é xa o terceiro falecemento que se produce no centro valdeorrés neste mes de novembro.

Ademais falecía un home de 85 anos (procedente da Residencia Nosa Señora dos Milagros de Barbadás) no Complexo Hospitalario Universitario de Ourense e unha muller de 86 anos na Residencia Hermanos Prieto do Carballiño. Os tres pacientes presentaban patoloxías previas.

Sanidade tamén vén de comunicar o falecemento doutras 10 persoas no resto de Galicia: unha muller de 87 anos no Complexo Hospitalario Universitario de Vigo (procedente da Residencia El Doral de Vigo), un home de 77 anos no Complexo Hospitalario Universitario de Pontevedra, unha muller de 95 anos e un home de 64 anos no CHUVI, un home de 86 anos no Hospital do Salnés (procedente da Residencia Valvanera de Cambados), unha muller de 100 años na Residencia San Cibrao de Cervo, un home de 93 anos no Hospital da Mariña (procedente da Residencia San Cibrao de Cervo), un home de 79 anos e unha muller de 77 años no Complexo Hospitalario Universitario da Coruña e unha muller de 92 anos. Falece na Residencia de Salvaterra do Miño. Todos eles presentaban patoloxías previas.

Artigos relacionados

Back to top button
Close