En portadaÚltima hora

O Hospital de Valdeorras rexistra un novo falecemento dun paciente diagnosticado por Covid

Exterior do Hospital de Valdeorras no Barco./ Foto: Mónica G. Bellver.

 

A Consellería de Sanidade vén de notificar o falecemento nas últimas horas en Galicia de 7 persoas que foran diagnosticadas por coronavirus, unha delas no Hospital Público de Valdeorras, no Barco. Trátase dun home de 95 anos que procedía da residencia de Carballeda de Valdeorras, segundo Sanidade, e falecía o 26 de febreiro. Dende o pasado 16 de febreiro non se rexistraban falecementos de pacientes con Covid neste centro valdeorrés.

Tamén o 26 de febreiro perdían a vida dúas persoas ingresadas no Complexo Hospitalario Universitario de Ourense: un home de de 77 anos e un home de 94 anos.

Ademais en Galicia falecían ese día outras catro persoas: un home de 78 anos no Chuac, unha muller de 87 anos no Hula, un home de 70 anos no Chop e un home de 83 anos no Chus.

As sete persoas falecidas tiñan patoloxías previas, segundo informa Sanidade.

Artigos relacionados

Back to top button