En portadaÚltima hora

O Hospital de Valdeorras rexistra un novo ingreso de Covid e sobe ata os 6

O total de casos activos da provincia ascende a 2.413, dos que 119 están hospitalizados en planta e 10 na UCI, segundo Sanidade

Exterior do Hospital Público de Valdeorras, no Barco.

 

Continúan á alza os casos de coronavirus na provincia. A Área Sanitaria de Ourense, Verín e O Barco conta con 2.413 pacientes con infección activa, 162 máis que onte, segundo os últimos datos publicados esta mañá pola Consellería de Sanidade e actualizados ás 18h. do 21 de xaneiro. Incrementánse tamén os novos casos confirmados por PCR nas últimas 24 horas, un total de 193 (fronte aos 182 de onte).

En canto aos ingresos rexístrase certa estabilidade con 119 persoas hospitalizados en planta (5 máis que onte) e 10 na Unidade de Coidados Intensivos (os mesmos que onte). O Hospital Público de Valdeorras ten 6 ingresos en planta, 1 máis que onte; o Hospital de Verín ten 14 ingresos en planta (1 menos que onte) e o Hospital Universitario de Ourense ten 95 en planta (5 máis que onte) e 10 na Unidade de Coidados Intensivos (os mesmos que onte). A Clínica Santa Teresa rexistra 2 ingresos en planta e o Centro Médico El Carmen 2 en planta.

O total de casos rexistrados ata o de agora na provincia ascende a 11.442, con 8.702 curados e 327 falecidos (onte Sanidade notificaba 2 falecementos na provincia). Polo de agora lévanse realizado 161.116 probas PCR e 74.248 probas serolóxicas.

Artigos relacionados

Back to top button