En portadaÚltima hora

O Hospital de Valdeorras rexistra un novo ingreso por Covid e suma un total de 6

A Área Sanitaria de Ourense, Verín e O Barco conta con 2.980 pacientes con infección activa (114 máis que onte), dos que 186 están hospitalizados

Entrada principal do Hospital Público de Valdeorras, no Barco./ Foto: Carlos G. Hervella.

 

Seguen incrementándose os casos de coronavirus. A Área Sanitaria de Ourense, Verín e O Barco conta con 2.980 pacientes con infección activa, 114 máis que onte, segundo os últimos datos publicados esta mañá pola Consellería de Sanidade e actualizados ás 18h. do 26 de xaneiro. Tamén suben os novos casos confirmados por PCR nas últimas 24 horas, un total de 160 (fronte aos 118 de onte).

En canto aos ingresos, tamén se aprecia un incremento, con 172 persoas hospitalizados en planta (8 máis que onte) e 14 na Unidade de Coidados Intensivos (2 máis que onte). O Hospital Público de Valdeorras rexistra 6 ingresos en planta, 1 máis que onte, o Hospital de Verín continúa con 16 ingresos en planta e o Hospital Universitario de Ourense ten 148 en planta (7 máis que onte) e 14 na Unidade de Coidados Intensivos (2 máis que onte). A Clínica Santa Teresa segue con 1 ingresos en planta e o Centro Médico El Carmen continúa con 1 en planta.

O total de casos rexistrados ata o de agora na provincia ascende a 12.516, con 9.200 curados e 335 falecidos. Polo de agora lévanse realizado 170.167 probas PCR e 80.324 probas serolóxicas.

Artigos relacionados

Back to top button