En portadaÚltima hora

O Hospital de Valdeorras rexistra un único ingreso por Covid

Baixan os ingresos na provincia, pero continúa o incremento de casos activos e chega ata os 551

Publicidade
Exterior do Hospital Público de Valdeorras.

 

Baixan as hospitalizacións por coronavirus na provincia, pero continúan a medrar os casos activos. Así nesta xornada na Área Sanitaria de Ourense, Verín e O Barco rexístranse 551 pacientes con infección activa, 29 máis que onte, segundo os últimos datos da Consellería de Sanidade (actualizados ás 18h. do 24 de decembro). Dese total, 18 están hospitalizados en planta (9 menos que onte) e 4 na Unidade de Coidados Intensivos (os mesmos que onte). Ademais soben os novos casos confirmados por PCR nas últimas 24 horas cun total de 38 (fronte aos 34 de onte).

No que se refire aos ingresos, o Hospital Público de Valdeorras quédase con tan só 1 hospitalizado en planta (4 ingresos menos que onte), mentres o Hospital de Verín continúa con 2 en planta (a mesma cifra de onte), e o Hospital Universitario de Ourense rexistra 13 en planta (5 menos que onte) e 4 na Unidade de Coidados Intensivos (os mesmos que onte).

O total de casos rexistrados ata o de agora na provincia ascende a 8.329, con 7.469 curados e 308 falecidos (onte Sanidade non notificaba ningún falecemento). Polo de agora lévanse realizado 132.831 probas PCR e 67.077 probas serolóxicas.

Artigos relacionados

Back to top button