En portadaSanidadeÚltima hora

O Hospital de Valdeorras sobe a 6 ingresos por Covid

A provincia rexistra un total de 1.414 casos activos (9 menos que onte), dos que 81 (10 menos que onte) están hospitalizados en planta e 16 en UCI (1 máis que onte)

Hospital Público de Valdeorras, no Barco.

 

O Hospital de Valdeorras rexistra un novo ingreso por coronavirus e suma 6 pacientes en planta, tal e como se reflexa nos últimos datos feitos públicos pola Consellería de Sanidade (actualizados ás 18h. do 27 de outubro). O Hospital de Verín mantén 8 ingresos, mentres que no Hospital Universitario de Ourense os ingresos en planta son 66 (11 menos que onte) e 15 na Unidade de Coidados Intensivos. Ademais o Centro Médico El Carmen segue cun ingreso na UCI e a Clínica Santa Teresa outro en planta.

Ademais a Área Sanitaria de Ourense, Verín e O Barco rexistra nesta xornada un total de 1.414 casos activos (9 menos que onte), dos que 81 (10 menos que onte) están hospitalizados en planta e 16 en UCI (1 máis que onte). Nas últimas 24 horas confirmáronse 89 por probas PCR.

O total de casos rexistrados na provincia ascende a 6.192, con 4.553 curados e 225 falecidos. Polo de agora lévanse realizado 89.304 probas PCR.

Artigos relacionados

Back to top button
Close