SanidadeÚltima hora

O Hospital de Valdeorras suma 2 novos ingresos por coronavirus e sitúase en 8

O total de casos rexistrados na provincia ascenden a 1.791, con 964 altas e 112 falecementos, segundo Sanidade

Hospital de Valdeorras./ Foto: Carlos G. Hervella.

 

Despois de varios días con tendencia á baixa nos ingresos de pacientes diagnosticados de coronavirus no Hospital Público de Valdeorras ata chegar a seis, este centro barquense rexistra nesta xornada dous ingresos máis e ten agora 8 pacientes hospitalizados en planta, segundo a última actualización de datos emitida hoxe pola Consellería de Sanidade.

No caso do Hospital de Verín tamén se rexistra un novo ingreso, sendo 5 os ingresos en planta, mentres que o Hospital Universitario de Ourense ten 125 ingresos en planta e 13 en UCI (neste caso con prognóstico grave). Ademais no CO.SA.GA. hai un ingreso en planta.

Así, dos 715 casos activos hoxe na Área Sanitaria de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras: 563 permanecen a seguemento a domicilio, 139 ingresados en planta, e 13 en UCI, segundo Sanidade.

O total de casos rexistrados na provincia ascenden a 1.791, con 964 altas e 112 falecementos (residencias e hospitais). Na provincia de Ourense lévanse realizado 14.899 probas PCRs.

Finalmente, Sanidade matiza que neste último parte de actualización de datos “inclúense as altas epidemiolóxicas dos pacientes a domicilio, de acordo co protocolo só Ministerio de Sanidade. Ata o de agora só se facilitaba o dato de altas hospitalarias”.

Artigos relacionados

Back to top button