SanidadeÚltima hora

O Hospital de Valdeorras suma sete ingresados por coronavirus

Dos 432 casos activos hoxe na Área Sanitaria Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras, 363 permanecen a seguemento a domicilio, 67 ingresados en planta e 2 en UCI, segundo Sanidade

Hospital Público de Valdeorras, no Barco./ Foto: Carlos G. Hervella.

 

Na xornada deste 8 de maio o Hospital Público de Valdeorras rexistra un total de 7 pacientes con coronavius hospitalizados en planta, o que significa un máis que onte, segundo a última actualización de datos da Consellería de Sanidade. Deste xeito, nos útimos días estase rexistrando unha lixeira tendencia á alza de casos hospitalizados no Barco.

O Hospital de Verín mantén a cifra de onte, cun ingreso en planta, mentres que no Hospital Universitario de Ourense son 59 as persoas hospitalizadas en planta e 2 en UCI (estes últimos con prognóstico grave).

Dos 432 casos activos hoxe na Área Sanitaria Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras,
363 permanecen a seguemento a domicilio, 67 ingresados en planta e 2 en UCI, segundo a Consellería de Sanidade.

O total de casos rexistrados na provincia ascende a 1.897, con 1.343 curados e 122 falecementos (residencias e hospitais). Na provincia lévanse realizado 16.977 probas PCR.

 

Artigos relacionados

Back to top button