SanidadeÚltima hora

O Hospital de Valdeorras ten 1 ingreso por Covid, mentres o de Verín sobe a 6

No caso do Hospital Universitario de Ourense rexístranse 49 ingresos en planta e 7 en UCI

Hospital de Valdeorras./ Foto: Carlos G. Hervella.

 

Continúa á baixa a curva do coronavirus. A Área Sanitaria de Ourense, Verín e O Barco conta con 509 pacientes con infección activa, 43 menos que onte, segundo os últimos datos, actualizados ás 18h. do 23 de febreiro, e publicados esta mañá pola Consellería de Sanidade. Sen embargo, soben levemente os novos casos confirmados por PCR nas últimas 24 horas cun total de 10 (fronte aos 8 de onte).

En canto aos ingresos, hai 56 persoas hospitalizadas en planta (3 menos que onte) e 8 na Unidade de Coidados Intensivos (as mesmas cifras que onte). O Hospital de Valdeorras rexistra un só ingreso de paciente en planta (1 menos que onte), mentres que o Hospital de Verín sobe a 6 (4 máis que onte), e o Hospital Universitario de Ourense ten 49 en planta (3 menos que onte) e 7 (a mesma cifra que onte) na Unidade de Coidados Intensivos. Finalmente, a Clínica Santa Teresa ten 1 ingreso en UCI.

O total de casos rexistrados dende o inicio da pandemia ata o de agora na provincia ascende a 14.482, con 13.571 curados e 401 falecidos (onte Sanidade non notificaba ningún falecemento). Polo de agora lévanse realizado 202.264 probas PCR e 100.269 probas serolóxicas.

Artigos relacionados

Back to top button