En portadaÚltima hora

O Hospital de Valdeorras ten 4 ingresos por Covid, 1 máis que onte

A provincia de Ourense sobe ata os 2.691 pacientes con infección activa, 123 máis que onte. Tamén medran as hospitalizacións: 143 en planta e 12 na UCI, segundo Sanidade

Entrada principal do Hospital Público de Valdeorras, no Barco./ Foto: Carlos G. Hervella.

 

Seguen disparándose os casos de coronavirus na provincia de Ourense, que superan os 2.600. A Área Sanitaria de Ourense, Verín e O Barco conta con 2.691 pacientes con infección activa, 123 máis que onte, segundo os últimos datos publicados esta mañá pola Consellería de Sanidade e actualizados ás 18h. do 23 de xaneiro. Medran ademais os novos casos confirmados por PCR nas últimas 24 horas, un total de 183 (fronte aos 179 de onte).

En canto aos ingresos, tamén se aprecia un incremento, con 143 persoas hospitalizados en planta (14 máis que onte) e 12 na Unidade de Coidados Intensivos (os mesmos que onte). O Hospital Público de Valdeorras ten 4 ingresos en planta, 1 máis que onte; o Hospital de Verín conta con 17 ingresos en planta (3 máis que onte) e o Hospital Universitario de Ourense ten 120 en planta (11 máis que onte) e 12 na Unidade de Coidados Intensivos (a mesma cifra que onte). A Clínica Santa Teresa rexistra con 1 ingresos en planta (1 menos que onte) e o Centro Médico El Carmen continúa con 1 en planta.

O total de casos rexistrados ata o de agora na provincia ascende a 11.937, con 8.918 curados e 328 falecidos (onte Sanidade non notificaba ningún falecemento na provincia). Polo de agora lévanse realizado 164.423 probas PCR e 75.520 probas serolóxicas.

Artigos relacionados

Back to top button